A xente do lugar preguntáballe pola súa muller, e el respondía: —"É miña irmá". Tiña medo de confesar que era súa muller, pensando: —"Esta xente vaime matar por culpa de Rebeca". Porque era moi bela.
David botou estas contas: —"Calquera día acabarei no poder de Xaúl. Non me queda outro remedio que escapar ó país dos filisteos. Entón deixará Xaúl de perseguirme por todo o territorio de Israel e quedarei a salvo da súa man".