No tempo de David houbo unha fame de tres anos seguidos. David consultou o Señor e o Señor respondeulle: —"Enriba de Xaúl e da súa familia está o sangue dos gabaonitas que mataron".
Eliseo volveu para Guilgal. No país pasábase fame. Os fillos dos profetas estaban con Eliseo, e este díxolle ó seu criado: "Pon no lume a ola grande e prepara un caldo para todos".
Daquela en Samaría pasábase moita fame. O cerco era tan estreito, que a cabeza dun burro se chegou a pagar a oitenta siclos de prata, e un cuarto de maquía de esterco de pomba a cinco siclos.
enfortecendo o espírito dos discípulos e animándoos a perseveraren na fe, porque dicíanlles temos de pasar por moitos traballos, para entrarmos no Reino de Deus.
E aconteceu polos días en que gobernaban os Xuíces, que había fame no país, e foi un home de Belén de Xudá emigrar ás chairas de Moab, coa súa muller e mais os dous fillos.