Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 12:1 - Biblia SEPT

1 O Señor díxolle a Abram: —"Vaite da túa terra, da túa patria, do teu clan, á terra que eu che mostrarei.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 12:1
20 Iomraidhean Croise  

Despois díxolle o Señor: —"Eu son o Señor, que te sacou de Ur dos Caldeos, para che dar en herdo esta terra".


Cando Deus me levou lonxe da casa de meus pais, díxenlle así: Vasme facer este favor: en calquera lugar a onde cheguemos, di que eu son teu irmán".


senón que irás á casa de meus pais, á miña parentela, e tomarás de alí muller para meu fillo.


senón que irás á miña terra, onda os meus parentes, e procurarás alí muller para meu fillo Isaac".


O Señor, Deus do ceo, que me tirou da casa de meus pais e do meu clan, e que me prometeu con xuramento: Os teus descendentes dareilles este país, mandará diante de ti o seu anxo, e encontrarás alí a muller para o meu fillo.


O Señor aparecéuselle e díxolle: —"Non baixes a Exipto. Asenta na terra que eu che mostrarei.


Es ti, o Señor Deus, o que escolliches a Abram, fixéchelo saír de Ur dos Caldeos e décheslle por nome Abraham.


Os deuses dos pobos que meus pais arrasaron salváronse acaso? Gozán, Harán, Resef e xente de Edén que vivía en Telasar.


ti es quen eu collín dos confíns da terra e a quen chamei desde os seus extremos. Díxenche: "Ti es o meu servo, quen eu escollín e non rexeitei".


Ollade para o voso pai Abraham e para Sara, a que vos deu a luz. El era un só cando o chamei, pero bendicino e multipliqueino.


—Fillo de Adam, os habitantes desas ruínas sobre a superficie de Israel andan falando deste xeito: "Se Abraham era un só e tomou posesión desta terra, canto máis a nós, que somos moitos, nos deron esta terra en posesión!


Pero el respondeulle: —"Non irei convosco, senón que me vou ir para a miña terra, onda os meus parentes".


Por iso di o Señor: saíde do medio desa xente, afastádevos, non toquedes o que é impuro, e eu acollereivos.


Deus chamou por Abraham, e este, movido pola fe, obedeceuno, saíndo para un lugar que había de recibir en posesión, aínda que saíu sen saber onde ía.


Logo oín outra voz que viña do ceo e dicía: "Saíde dela, meu pobo, para non terdes parte nos seus pecados, e para que non vos toquen os seus castigos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan