Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 11:8 - Biblia SEPT

8 O Señor espallounos de alí por toda a terra, e deixaron de construír a cidade.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 11:8
10 Iomraidhean Croise  

Héber tivo dous fillos: o primeiro chamábase Péleg, por razón de que nos seus días se dividiu a xente da terra; seu irmán chamábase Ioctán.


Estes foron os clans dos fillos de Noé, segundo as súas liñaxes nas propias nacións; e desde elas espalláronse os pobos pola terra, despois do diluvio.


Deles descenden os pobos marítimos, cada un na súa terra e coa súa lingua, por familias e por nacións.


E nisto propuxeron: —"Imos construír unha cidade e unha torre, que chegue co cimo ata o ceo, e fagámonos un nome de sona, para non nos perder pola ancha face da terra".


A esta chamóuselle Babel, porque alí embarullou o Señor a lingua de todo o mundo. Desde alí espallounos por toda a face da terra.


Maldita, por fera, a súa carraxe, a súa cólera, por dura. Dividireinos en Xacob, ciscareinos por Israel.


O Señor estraga o consello das nacións, desbarata os designios dos pobos.


mentres ti, Señor, es eternamente excelso.


Manifesta o poder do seu brazo, desbaratando os plans dos soberbios.


Cando o Altísimo lles repartía a herdanza ós pobos, e cando separaba ós fillos de Adam: estableceu as fronteiras das nacións, segundo o número dos fillos de Israel.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan