Despois dixo Deus: —"Fagamos o home á nosa imaxe e á nosa semellanza, e que mande nos peixes do mar, nos paxaros do ceo, nos animais domésticos e nos réptiles todos da terra".
Estes foron os clans dos fillos de Noé, segundo as súas liñaxes nas propias nacións; e desde elas espalláronse os pobos pola terra, despois do diluvio.
Logo o Señor pensou: —"Agora que o home veu ser coma un de nós, en canto a coñecer o ben e o mal, non vaia ser que tenda a man, colla tamén da árbore da vida, coma do froito, e viva sempre".
Ollade que eu estou traendo contra vós, un pobo remoto, casa de Israel —é o Señor quen fala—: é un pobo imperecedoiro, un pobo que vén de moi antigo, un pobo ó que non lle coñeces a fala, nin comprendes o que di;
Poñamos por caso que se reúne toda a comunidade en asemblea e que todos falan co don de linguas: se lles cadra entrar a algúns simpatizantes ou non crentes, non dirán que toleastes?