Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 11:6 - Biblia SEPT

6 —"Aquí hai un pobo unido que fala a mesma lingua. Se empeza facendo isto, ninguén podería privalos desde agora de faceren o que se lles veña á cabeza.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 11:6
12 Iomraidhean Croise  

Toda a terra falaba unha soa lingua e usaba as mesmas palabras.


Logo o Señor pensou: —"Agora que o home veu ser coma un de nós, en canto a coñecer o ben e o mal, non vaia ser que tenda a man, colla tamén da árbore da vida, coma do froito, e viva sempre".


O ver o Señor que a maldade dos homes medraba na terra e que todos os seus pensamentos eran só para o mal,


Agradoulle ó Señor o recendo e decidiu: —"Non maldicirei a terra outra vez por mor dos homes, por máis que a súa inclinación tenda cara ó mal desde a súa mocidade. Non ferirei outra vez a todos os seres vivos, como acabo de facer.


Eses tres eran os fillos de Noé, e con eles repoboouse a terra toda.


Polo mediodía, Elías dicíalles con burla: —"Berrade aínda máis, pois, aínda que el é deus, pode estar entretido, de conversa ou de viaxe; tamén pode ser que durma, e que haxa que espertalo".


Fólgate, rapaz novo, na túa mocidade aleda o corazón no tempo da xuventude, sigue os impulsos do teu ánimo e o que cobicen os teus ollos! (Sabendo non obstante que de todo te ha chamar Deus a render conta).


Denegueivos a chuvia cando faltaban aínda tres meses para a colleita, fixen que chovese nunha vila si e noutra non; unha leira foi regada e outra, onde non choveu, murchou.


Manifesta o poder do seu brazo, desbaratando os plans dos soberbios.


Dun só home quitou a raza humana, para que habitasen toda a terra, e estableceu os lindeiros dos seus tempos e mais dos seus territorios,


Ide e clamade polos deuses que escollestes: que vos salven eles no tempo de vosa anguria".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan