5 Baixou o Señor para ver a cidade e a torre que os homes construían, e pensou:
Vou baixar e ver se este clamor que chega onda min corresponde cos feitos; e se non, sabereino".
O Señor desde o seu santuario, o Señor desde a súa sede no ceo, axexa cos seus ollos ós homes, escrútaos coas súas pupilas.
e que estean preparados para de aquí a tres días, pois no terceiro día baixará o Señor sobre o monte Sinaí, á vista de todo o pobo.
O monte Sinaí fumegaba todo, porque o Señor baixara sobre el en medio de lume. Subía fume coma dun forno e toda a montaña tremía.
O Señor baixou sobre o monte Sinaí, ó seu cume, e chamou por Moisés, para que subise onda El. E Moisés subiu.
Vou baixar e libralos do poder dos exipcios, e levalos desta terra a unha terra boa e largacía, terra que deita leite e mel, ós lugares dos cananeos, dos hititas, dos amorreos, dos perizitas, dos hivitas e dos iebuseos.
E ninguén subiu ó ceo, fóra do que baixou do ceo, o Fillo do Home.
Non hai cousa que se lle esconda, todo está nu e penetrable ós seus ollos: é a ela a quen lle temos de dar contas.