4 E nisto propuxeron: —"Imos construír unha cidade e unha torre, que chegue co cimo ata o ceo, e fagámonos un nome de sona, para non nos perder pola ancha face da terra".
Cando os fillos de Deus se achegaban ás fillas dos homes e tiñan fillos delas, e aínda despois, existían na terra os xigantes. Son os nomeados heroes doutros tempos.
Aínda que Babilonia suba ata o ceo, aínda que faga máis esgrevia a altura do seu refuxio, baixo as miñas ordes entrarán nela os devastadores —é o Señor quen fala—.
Onde imos nós subir? Os nosos irmáns fixeron esmorecer os nosos corazóns, ao diciren: Son un pobo máis grande e máis corpulento ca nós, cidades máis grandes e máis cortadas a pico có ceo e mesmo vimos alí anaquitas.
Escoita, Israel! Ti vas cruzar hoxe o Xordán para tomares posesión de pobos máis grandes e máis poderosos ca ti, de cidades máis grandes e fortificadas có ceo;