Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 11:3 - Biblia SEPT

3 Dixéronse uns ós outros: —"Imos facer ladrillos e cocelos no lume". O ladrillo facíalles de pedra e o betume de cemento.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 11:3
19 Iomraidhean Croise  

E nisto propuxeron: —"Imos construír unha cidade e unha torre, que chegue co cimo ata o ceo, e fagámonos un nome de sona, para non nos perder pola ancha face da terra".


Baixemos e embarullemos alí mesmo a súa lingua, de xeito que non se entendan uns cos outros".


O val está acugulado de pozos de betume. Os reis de Sodoma e de Gomorra caeron neles e os outros fuxiron á montaña.


Sacou da cidade os seus habitantes e púxoos a traballar coa serra e con machetas, con picos de ferro e en fornos de ladrillos. Con todas as cidades amonitas fixo o mesmo. Despois David volveu con todo o exército para Xerusalén.


tiran desde o tobo ó inocente, para o ferir por sorpresa, sen seren vistos.


Amarguexáronlles a vida co duro labor do barro, dos ladrillos, coa labranza da terra, e con toda sorte de traballos, impostos con brutalidade.


Cando xa non podía encubrilo por máis tempo, colleu unha cesta de xuncos, embreouna de betume e de pez, meteu o neno nela e deixouna nunha xunqueira, á beira do río.


Se din: —"ven connosco, fagamos unha emboscada ás agachadas, axexemos o inocente porque nos peta,


Dixen entón para o meu interior: Veña! Probemos coa Ledicia, e a gozar do que é bo! Mais velaquí que tamén iso é efémero.


Pois agora vouvos dicir o que lle vou facer á miña viña: quitarlle o valado para que sirva de pasteiro, romperlle a cerca e que se volva un torreiro.


o pobo que me provocaba continuamente ante a miña presenza, ofrecendo sacrificios nos xardíns e queimando incenso sobre os ladrillos;


Si, o Señor protexeu ó seu inimigo Resín, acirrou ós seus adversarios,


Saca as augas para o asedio, reforza as túas cidadelas. Entra na telleira e pisa o barro, colle con forza os moldes para os ladrillos.


E considerémonos uns ós outros de xeito que nos sirvamos de estímulo para o amor e para as boas obras.


vós, en troques, alentádevos uns ós outros día tras día, mentres se pregoa este hoxe, de xeito que ningún de vós se deixe endurecer, engaiolado polo pecado.


Reparade agora no que dicides: "hoxe ou mañá imos ir para esta ou aquela cidade, botaremos alí o ano, negociaremos e teremos beneficio".


E vós, os ricos, chorade e berrade polas desgrazas que van vir enriba de vós.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan