2 O emigraren os homes desde o oriente, encontráronse nunha chaira, no país de Xinar, e establecéronse alí.
Empezou sendo rei de Babel, Érec, Acad e Calneh, no país de Xinar.
Toda a terra falaba unha soa lingua e usaba as mesmas palabras.
A esta chamóuselle Babel, porque alí embarullou o Señor a lingua de todo o mundo. Desde alí espallounos por toda a face da terra.
Lot escolleu para si a veiga do Xordán e dirixiuse cara ó oriente, separándose de Abram.
Amrafel rei de Xinar, Arioc rei de Elasar, Codorlaomer rei de Elam e Tidal rei de Goim
Sucederá o día aquel que volverá o meu Señor a levantar a súa man, para redimir o resto do seu pobo, os poucos que quedaron de Asiria (e de Exipto e de Patrós, de Cux e de Elam, de Xinar, de Hamat e das illas do mar).
El díxome: "Van construírlle unha casa no país de Xinar, e cando estea feita, será posta alí sobre o seu pedestal".