Cando os fillos de Deus se achegaban ás fillas dos homes e tiñan fillos delas, e aínda despois, existían na terra os xigantes. Son os nomeados heroes doutros tempos.
que manda polo mar embaixadores, sobre a auga os manda en barcos de papiro! Ide, áxiles mensaxeiros, ó pobo alto e relucente, á nación temible aquí e mais alá, pobo poderoso, que domina; pola súa terra corren ríos.
Velaquí, eu mando moitos pescadores, para que os pesquen —é o Señor quen fala—; e despois mandarei moitos cazadores, para que os cacen por todos os montes e por todos os outeiros, e polas fendeduras das penas.
Dilles: así fala o Señor Iavé: —Ai das que cosedes lazos en todos os pulsos e facedes carapuchos para as cabezas de calquera medida para cazar a vida! Declarades cazada a vida do meu pobo, mentres mantedes viva a vosa propia vida.
Desapareceu do país o home piadoso, non hai na superficie da terra home recto, todos eles axexan para verter sangue, cada un caza con rede a seu irmán.