Estes foron os clans dos fillos de Noé, segundo as súas liñaxes nas propias nacións; e desde elas espalláronse os pobos pola terra, despois do diluvio.
Sucederá o día aquel que volverá o meu Señor a levantar a súa man, para redimir o resto do seu pobo, os poucos que quedaron de Asiria (e de Exipto e de Patrós, de Cux e de Elam, de Xinar, de Hamat e das illas do mar).
Cantádelle ó Señor un cántico novo; a súa loanza, desde o confín da terra. Serán humillados o mar e todo o que o enche, as ribeiras e os seus habitantes.
Poño en movemento a miña pronta vitoria, sae a miña salvación e o meu brazo xulgará os pobos. En min porán a esperanza as nacións costeiras, e esperarán no meu brazo.
Segundo a débeda dos feitos, así impoñerei o castigo pola débeda: noxo para os seus adversarios, represalias para os seus inimigos, as nacións costeiras castigaraas coa represalia.
Certamente, xuntaranse onda min as nacións costeiras e os barcos de Tárxix estarán á cabeza, para traeren de lonxe os teus fillos, (e) a súa prata e o seu ouro con eles, para o Nome do Señor, o teu Deus, e para o Santo de Israel, que en verdade te enche de gloria.
Así fala o meu Señor, Iavé: —Tiro, escoita: as costas estremeceranse co ruído da túa caída, co lamentarse dos teus acoitelados, coa matanza das vítimas dentro de ti.
O Señor será terrible contra eles, pois El debilita o poder de todos os deuses da terra, e todas as nacións da costa, cada unha desde o seu sitio, prostraranse en adoración diante del.
Cando o Altísimo lles repartía a herdanza ós pobos, e cando separaba ós fillos de Adam: estableceu as fronteiras das nacións, segundo o número dos fillos de Israel.