Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 10:2 - Biblia SEPT

2 Descendentes de Iafet: Gomer, Magog, Madai, Iaván, Tubal, Méxec e Tirás.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 10:2
16 Iomraidhean Croise  

Estes son os descendentes dos fillos de Noé, nacidos despois do diluvio.


Tamén Sem tivo descendentes; o irmán máis vello de Iafet foi o pai de todos os heberitas.


Estenda Deus a Iafet para que more nas tendas de Sem, e que Canaán sexa o seu escravo".


No ano noveno de Oseas, o rei de Asiria conquistou Samaría e desterrou os israelitas a Asiria. Instalounos en Halah, onda o Habor, río de Gozán, e nas cidades de Media.


Ai de min, estranxeiro en Méxec, de pousada nas tendas de Quedar!


Porei no medio deles un sinal e mandarei os superviventes de entre eles ás nacións: a Tárxix, a Pul e a Lud, ós que tensan o arco, a Tubal e a Iaván, ás remotas nacións costeiras que non oíron o meu renome, nin viron a miña gloria. Eles manifestarán a miña gloria entre os pobos.


e polas xerras de viño de Izal cambiaban parte da túa mercadoría; ferro forxado, canela e canivela aromática eran parte das túas mercadorías.


de liño curado de Exipto con bordados era a tea que che servía de vela; de púrpura azul e de púrpura vermella das costas de Elixah era o teu toldo.


Alí está Méxec, Tubal e todo o seu exército arredor do leito, arredor da súa sepultura: todos eles incircuncisos, acoitelados con espada, pois estenderon o seu terror polo mundo dos vivos.


Virás desde o teu lugar, desde o remoto norte, ti, e contigo numerosos exércitos, todos eles montados a cabalo, unha multitude enorme, un exército numerosísimo.


Fillo de Adam, ponte de cara a Gog, oriúndo do país de Magog, gran príncipe de Méxec e de Tubal, e profetiza contra el.


Gómer e todas as súas formacións militares, Bet—Togarmah, no remoto norte, con todos os seus exércitos valentes e numerosos, estarán contigo.


Oe ti, fillo de Adam, profetiza contra Gog e di: Así fala o meu Señor, Iavé: Velaí, eu estou contra ti, Gog, grande príncipe de Méxec e de Tubal,


e sairá para engaiolar os xentís das catro esquinas do mundo, a Gog e a Magog, para os xuntar para a guerra. O número destes é coma o das areas do mar.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan