Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 10:10 - Biblia SEPT

10 Empezou sendo rei de Babel, Érec, Acad e Calneh, no país de Xinar.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 10:10
16 Iomraidhean Croise  

Foi un cazador valente á vista do Señor, segundo o dito que corre: —"Cazador valente á vista do Señor, coma Nimrod".


O emigraren os homes desde o oriente, encontráronse nunha chaira, no país de Xinar, e establecéronse alí.


A esta chamóuselle Babel, porque alí embarullou o Señor a lingua de todo o mundo. Desde alí espallounos por toda a face da terra.


Amrafel rei de Xinar, Arioc rei de Elasar, Codorlaomer rei de Elam e Tidal rei de Goim


Non é Kalnó coma Kárkemix? Non é Hamat coma Arpad? Non é Samaría coma Damasco?


Sucederá o día aquel que volverá o meu Señor a levantar a súa man, para redimir o resto do seu pobo, os poucos que quedaron de Asiria (e de Exipto e de Patrós, de Cux e de Elam, de Xinar, de Hamat e das illas do mar).


No tempo aquel o rei de Babilonia Merodak—Baladán, fillo de Baladán, mandou funcionarios e regalos a Ezequías xa que oíra que estivera enfermo e se puxera bo.


Por favor, consúltalle ó Señor da nosa parte, porque Nabucodonosor, rei de Babilonia, estanos atacando. Quen nos dera que o Señor nos tratase segundo as súas intervencións prodixiosas e o volvese incapaz de nos atacar!


Esta é a palabra que o Señor dirixiu a Babilonia, o país dos caldeos, por medio do profeta Xeremías.


Sube ó país de Merataim, sube contra el e pasa pola espada ós habitantes de Pecod, consagra á destrución o resto deles —é o Señor quen fala— e failles conforme o que eu che mando.


Harán, Caneh e Edén eran os que traficaban con Sabá, Asur e Kilmad a túa mercadoría;


Ide ata Calno e ollade, de alí pasade ó Gran Hamat, baixade despois a Gat dos filisteos. Valedes vós máis ca eses reinos? É meirande o voso territorio?


Retórcete de dor e xeme, filla de Sión, coma quen está a parir pois agora vas saír da cidade, e vivirás no campo irás a Babilonia, e de alí serás liberada; irás alá e rescatarate o Señor da man dos teus inimigos.


Estará o resto de Xacob no medio das nacións numerosas, coma a rosada que vén de parte do Señor, coma a chuvia forte sobre a herba. Certo que El non confía no home nin espera nada dos humanos.


El díxome: "Van construírlle unha casa no país de Xinar, e cando estea feita, será posta alí sobre o seu pedestal".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan