O Señor Deus formou de terra as feras do monte e os paxaros do ceo, e presentoullos ó home, para ver que nomes lles puña. Cada ser vivo levaría o nome que o home lle puxese.
e fai saír tamén os animais que están contigo, os seres vivos de todas as especies, paxaros, gandos, réptiles que se arrastran polo chan, para que se reproduzan e crezan".
Fillo de Adam, entoa unha elexía sobre o Faraón, rei de Exipto, e dille: Parecías o leonciño das nacións, pero eras coma crocodilo nas canles do Nilo, a rebolos atoldabas a auga cos pés e enlodabas as correntes.