Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 1:14 - Biblia SEPT

14 Mandou Deus que houbese luces no espazo para distinguir o día da noite, para dar sinal das festas, das estacións e dos anos,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 1:14
43 Iomraidhean Croise  

E completouse o terceiro día.


e para que, brillando no espazo, alumasen a terra. E así foi.


Namentres a terra dure; sementeira e colleita, frío e calor, verán e inverno, día e noite endexamais non faltarán".


Poño o meu arco nas nubes, sinal da miña alianza entre min e a terra.


Quen contará as súas lexións? Contra quen non pode por a súa emboscada?


O mesmo luar non lle brilla abondo, nin son puras ós seus ollos as estrelas!


Que se lle enfusquen os luceiros do amencer, que agarde polo sol e non lle saia, e que non vexa as pálpebras do abrente!


A túa decisión todo o sostén ata hoxe, e todo está ó teu servizo.


Loádeo, sol e mais lúa, loádeo, lucentes estrelas.


estableceunos para sempre e deulles leis que non fallan.


Aleluia. Loade o Señor no santuario, loádeo no seu augusto firmamento.


pulsade o salterio, tocade o pandeiro, a donda cítara e a arpa.


Levantade os vosos ollos ó alto, ollade: Quen fixo esas cousas? O que fai saír con orde o exército celeste, e a todo el o chama polo nome, coa enormidade do seu poder, coa súa vigorosa forza, e non falta ningún.


Así fala o Señor; Non aprendades o comportamento dos xentís, non lles teñades medo ós sinais do ceo; os xentís si que lles teñen medo.


Así fala o Señor, que establece o sol para luz do día, que establece as leis da lúa e das estrelas para luz da noite; o que alporiza ó mar e braman as súas ondas; o seu nome é Señor dos Exércitos:


Así fala o Señor: —Cando quebrantan a miña alianza de día e cando a quebrantan de noite, o meu corazón estarrece día e noite polo seu matinar;


Así fala o Señor: Tan certo como cumpro a miña alianza co día e coa noite, e teño establecidas as leis do ceo e da terra,


Así fala o meu Señor, Iavé: A porta do adro interior que dá ó nacente estará pechada os seis días de traballo; pero o sábado e o día da lúa nova abrirase,


Os días da lúa nova constituirán o holocausto do príncipe un becerro, fillo de vaca, sen defecto, seis años e un carneiro, sen defecto.


Na súa presenza treme a terra, estremécese o ceo, o sol e mais a lúa escurecen, as estrelas perden o seu resplandor.


Foi El quen fixo as Pléiadas e o Orión, quen muda as tebras en abrente e escurece o día en noite, quen convoca as augas do mar e as verte sobre a superficie da terra: Iavé é o seu nome.


Sucederá naquel día —oráculo do meu Señor Iavé—, farei que o sol se poña ó mediodía e entebrecerei o país en pleno día,


Onde está o Rei dos xudeus que acaba de nacer? Porque vimos saír a súa estrela alá no Oriente, e vimos para lle rendermos homenaxe.


Inmediatamente despois da calamidade daqueles días, o sol hase escurecer, a lúa deixará de aluar, as estrelas caerán do ceo e as potencias celestiais abalarán.


Pero naqueles días, pasada xa aquela angustia, o sol hase escurecer, a lúa deixará de aluar,


Pois houbo unha eclipse de sol. E o veo do Santuario rachou polo medio.


E cando levantes os ollos cara ao ceo e contemples o sol, a lúa e as estrelas, todas as constelacións celestes, non te deixes seducir, adorándoos nin dándolles culto, pois o Señor, o teu Deus, repartiunos entre todos os pobos que hai de debaixo de todo o ceo.


E vin, cando abriu o sexto selo, que houbo un gran terremoto. O sol virou mouro coma un pano de picote e a lúa volveuse en sangue.


Logo tocou o cuarto anxo e tremelicou a terceira parte do sol, a terceira parte da lúa e a terceira parte das estrelas: escureceuse a terceira parte de cada un deles e un terzo do día non alumeou e o mesmo a noite.


ela abriuno e subiu do pozo coma unha fumeira dun gran forno: escureceuse o sol e mais o aire por cousa da fumeira do pozo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan