Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 1:12 - Biblia SEPT

12 A terra xermolou herba verde, plantas coa súa semente, árbores que daban froito, cada unha coa súa semente. E viu Deus que estaba ben.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 1:12
11 Iomraidhean Croise  

Mandou Deus que a terra xermolase herba verde, plantas coa súa semente e árbores que desen froitos, cada unha coa súa semente, conforme á súa especie. E así foi.


E completouse o terceiro día.


Ti fas xermolar herba para o gando, e plantas para uso dos homes, para que da terra saquen pan


Pois, como a terra fai saír os seus gromos, e como un horto fai brotar as súas sementeiras, así o Señor Iavé fará brotar a xustiza, e a loanza ante todos os pobos.


A terra vai dando froito por si mesma: primeiro herba, logo espigas, e por último o gran ben abundante na espiga.


Así, cada árbore coñécese polos seus froitos. Pois dos toxos non se collen figos, nin das silveiras se vendiman uvas.


O que fornece a semente ó sementador e proporciona pan para a comida, ha multiplicar tamén a vosa sementeira e fará medrar o froito da vosa xustiza.


Non vos levedes a engano, que de Deus non hai quen faga riso. Conforme sementes, recollerás.


Pásalles igual ca unha terra que se enchoupa con chuvias frecuentes e que lles dá unha boa herba ós que a traballan: recibe parte da bendición que Deus manda;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan