Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 1:1 - Biblia SEPT

1 No principio creou Deus o ceo e a terra.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 1:1
67 Iomraidhean Croise  

Ezequías fixo entón esta oración ó Señor: —"Señor, Deus de Israel, que sentas sobre os querubíns, soamente ti es Deus sobre todos os reinos da terra.


Porque os deuses dos pobos son ídolos, pero Iavé é o facedor dos ceos.


E engadía Hiram: —"Bendito sexa Iavé, o Deus de Israel, facedor do ceo e terra, que deu ó rei David un fillo sabio, prudente e intelixente, que edificará un templo ó Señor, e un palacio real para si.


Ti es, Señor, o único Deus, que fixeches os ceos, os ceos dos ceos e todo o seu exército, a terra e canto nela se atopa, os mares e todo canto conteñen. Fuches ti quen lles deu vida a todos, e o exército dos ceos se prosterna diante de ti.


co seu vento varreu o ceo, coa súa man feriu a serpe fuxidía.


Onde estabas cando fundei a terra? Dimo, se tes tanto siso!


El só tende os ceos e camiña polo lombo do mar.


E digo: —"Meu Deus, non me leves no medio dos meus días; os teus anos duran por todas as idades.


Cantas son, Señor, as túas obras, todas feitas con saber! A terra está chea das túas criaturas.


Mandas o teu alento, e son creados e renovas a cara da terra.


Benditos sexades do Señor, que fixo o ceo e mais a terra.


O meu socorro vén do Señor, que fixo o ceo e mais a terra.


O noso socorro está no nome do Señor, que fixo o ceo e mais a terra.


Desde Sión te bendiga o Señor que fixo o ceo e mais a terra.


Fixo os ceos con saber, porque o seu amor é eterno;


El fixo o ceo e mais a terra, o mar e todo o que contén.


Pola palabra do Señor foron feitos os ceos, polo alento da súa boca todos os astros.


pois falou El, e existiron, mandouno El, e xurdiron.


Na boca de nenos de peito fundas a túa fortaleza contra os teus adversarios, para faceres calar a inimigos e rebeldes.


Cando vexo o ceo, feitura da túa man, a lúa e as estrelas que fixaches alí,


Primeiro que os montes xurdisen, e que fosen formados a terra e o mundo, desde sempre e por sempre es ti Deus.


Os deuses das nacións son aparencia, pero o Señor fixo os ceos.


Porque o Señor fixo en seis días o ceo, a terra, o mar e todo o que hai neles, e no sétimo día descansou. Por iso mesmo bendiciu o Señor o día do sábado e declarouno día santo.


Cando o Señor rematou de falar con Moisés no monte Sinaí, entregoulle as dúas táboas da alianza, táboas de pedra escritas polo dedo de Deus.


Todo o fixo o Señor cun designio; mesmo ó malvado, para o día da desfeita.


O Señor fundou a terra por medio da Sabedoría, afirmou o ceo co discernimento;


Lembra ó teu creador nos anos mozos antes de que cheguen os días malos e te atopes cos anos dos que dirás: "Non sinto pracer neles"!


"Señor dos Exércitos, Deus de Israel, que tes trono de querubíns. Ti creaches o ceo e mais a terra.


Non o sabedes? Non o oístes? Non se vos anunciou desde un principio? Non o entendestes desde que se fundamentou a terra?:


Levantade os vosos ollos ó alto, ollade: Quen fixo esas cousas? O que fai saír con orde o exército celeste, e a todo el o chama polo nome, coa enormidade do seu poder, coa súa vigorosa forza, e non falta ningún.


Pero ti, non o sabes? Non o tes oído?: O Señor é Deus da Eternidade, El creou os extremos do mundo e non está canso nin fatigado, a súa intelixencia é insondable.


Así fala, Deus, o Señor, o que crea o ceo e o estende, o que sustenta a terra e os seus produtos, o que lle dá alento ó pobo que hai sobre ela, e espírito ós que camiñan por ela:


Así fala o Señor, o teu Redentor, o que te formou desde o seo. Eu son o Señor que o fago todo: estendo o ceo eu só e expando a terra. Quen está comigo?


Si, así fala o Señor, o Creador do ceo, El é Deus, o formador da terra e o seu facer, El creouna, non a creou coma un caos, formouna para ser habitada. "Eu son Iavé e non hai outro.


Esquecícheste do Señor, o teu creador, o que estendeu o ceo e fundamentou a terra, por isto estiveches estarrecido todo o día, pola furia do opresor, cando se decidiu a arrasar. Pero onde está a furia do opresor?


Si, puxen as miñas palabras na túa boca, e cubrinte coa sombra da miña man; desde que plantei o ceo e fundamentei a terra, díxenlle a Sión: "O meu pobo es ti".


Pois velaí: eu creo ceos novos e terra nova, e non serán lembradas as cousas vellas, nin pasarán á consideración de ninguén,


Fixo a terra co seu poder, fixo existir os campos coa súa sabedoría, e coa súa intelixencia estendeu o ceo.


—Ai, meu Señor, meu Deus! Ti fixeches o ceo e mais a terra co teu grande poder e co teu brazo estendido, nada hai demasiado difícil para ti.


El fixo a terra co seu poder, creou a terra de labor coa súa sabedoría, estendeu o ceo coa súa intelixencia.


Oráculo. Palabra do Señor acerca de Israel. Oráculo do Señor que estende os ceos e que cimenta a terra, que forma o espírito dos homes no seu interior.


Naquel tempo dixo Xesús: Bendito sexas, meu Pai, Señor do ceo e mais da terra, porque lles escondiches estas cousas ós sabios e ós prudentes e llas revelaches á xente humilde.


pois van ser días de angustia, como nunca os houbo ata agora, desde o principio do mundo que Deus creou, nin nunca os haberá.


berrando: Que facedes? Nós non somos máis ca homes coma vós, e o que vos predicamos é que deixedes eses falsos ídolos e vos convertades ó Deus vivo que fixo o ceo, a terra, o mar e todo o que hai neles.


o Deus que fixo o mundo e todo o que nel hai, o Señor do ceo e mais da terra, non habita en santuarios feitos pola man dos homes,


Cando tal sentiron, todos á vez elevaron a voz cara a Deus e dixeron: Señor, ti fixeches o ceo, a terra, o mar e canto neles hai.


Del saíron, por El e para El existen todas as cousas. A El a gloria polos séculos. Amén.


para nós non hai máis ca un só Deus, o Pai, de quen todo procede e para quen nós estamos feitos; nin hai máis ca un só Señor, Xesús Cristo, por quen todo existe e por quen existimos nós mesmos.


e amosarlles a todos a realización do misterio escondido desde sempre en Deus, que creou todas as cousas.


E outra vez di así: "Ti, Señor, nos comezos cimentaches a terra, feitura das túas mans é o ceo,


Agora, neste período definitivo, falounos por medio dun que lle é Fillo, a quen fixo herdeiro de todo, pois xa creara por medio del o mundo e as idades.


Pola fe sabemos que a palabra de Deus creou o mundo e así o que se ve é resultado do que non se ve.


porque toda casa ten un construtor, pero o que constrúe todo é Deus.


Pero así esquécense adrede de que o ceo existe desde antigo e de que, pola palabra de Deus, a terra se formou da auga e subsiste mediante a auga.


O que pasou desde o comezo, o que temos oído, o que teñen visto os nosos ollos, o que contemplamos nós e palparon as nosas mans, a saber, a Palabra que é a vida


e xurou por aquel que vive polos séculos dos séculos, que creou o ceo e canto hai nel, a terra e canto hai nela, o mar e canto hai nel: "xa non haberá máis demora!;


Dicía a berros: "Respectade a Deus, dádelle gloria! Porque xa chegou a hora do seu xuízo; e adorade o Creador do ceo e da terra, do mar e das fontes das augas".


E seguiu dicindo: "Xa están renovadas: eu son o Alfa e o Omega, o Principio e a Fin. A quen teña sede, heille dar de beber gratis auga das fontes da vida.


Eu son o Alfa e o Omega, o Primeiro e o Ultimo, o Principio e a Fin.


Ó anxo da Igrexa de Laodicea escríbelle: Isto di o Amén, a testemuña fiel e lexítima, o comezo da creación de Deus:


"Merecente es, noso Señor e Deus, de recibir gloria, honra e poder, porque ti es quen o creaches todo: pola túa vontade existe e foi creado".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan