6 E dixo o redentor: —"Non me é posible facer de protector sen danar a miña herdanza: que pase a ti a prioridade e ti redimirás, pois a min non me é doado redimir".
Pero se ao home non lle gusta casar coa cuñada, a cuñada subirá ás portas da cidade a onda os anciáns, e declarará: O meu cuñado rexeita a seu irmán, a súa familia en Israel, non quere cumprir no meu favor os seus deberes de cuñado.
entón a súa cuñada acercarase a el en presenza dos anciáns e desataralle a sandalia do seu pé, cuspiralle na cara, e logo tomará ela a palabra e dirá: Así se lle fai ao home que non quere construír a casa de seu irmán.
E díxolle Noemí á nora: —"Bendito sexa do Señor, pois non esqueceu a súa piedade cos vivos nin cos mortos". E engadiu: —"Ese home é o noso parente, un dos nosos goeles".
Ti deixa pasar esta noite, e pola mañá, se lle parece ben ser o teu redentor, que sexa; e, se non gusta de ser o teu protector, vive Deus que o hei ser eu. Ti déitate ata a mañá".