Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




RUT - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 4:4 - Biblia SEPT

4 E eu resolvín: teño que llo facer saber...! Daquela dígoche: mércaa, diante dos veciños e diante dos anciáns do meu pobo, se queres de verdade facer de redentor. E se non vas facer de redentor, dimo, pois seica non hai antes ca ti outro responsable, e eu son o que te segue". E díxolle o outro: —"Redimo eu".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




RUT - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 4:4
12 Iomraidhean Croise  

—"Non, meu señor. Escoita: douche para ti o eido, coa cova que hai nel. Douchos á vista do meu pobo. Enterra nel a túa morta".


pasaron a ser propiedade Abraham, á vista dos fillos de Het e de todos os que entraban polas portas da cidade.


Pero, ti, meu Señor, Deus, acábasme de dicir: "Merca o campo con prata, fai asinar ás testemuñas", cando a cidade está sendo entregada ós caldeos.


Non volvades mal por mal a ninguén: que todo o mundo vexa que procurades o ben.


Pois procuramos o que é bo, non só diante do Señor senón tamén diante dos homes.


Os anciáns da cidade citarano e diranllo; el comparecerá, e, se lles di: non quero collela,


Do resto, meus irmáns, todo o que sexa verdadeiro, todo o que sexa serio, todo o que sexa xusto, todo o que sexa enxebre, todo o que sexa estimable, todo o que sexa honroso, calquera virtude ou mérito que haxa, iso é o que debedes estimar.


E díxolle Noemí á nora: —"Bendito sexa do Señor, pois non esqueceu a súa piedade cos vivos nin cos mortos". E engadiu: —"Ese home é o noso parente, un dos nosos goeles".


Agora ben, é certo que eu son o teu redentor; pero tamén é verdade que hai un redentor máis achegado ca min.


E dixo el: —"Quen es ti?" Respondeulle ela: —"Son Rut, a túa serva: estende as túas ás sobre a túa serva, pois es o seu redentor".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan