Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




RUT - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 4:11 - Biblia SEPT

11 E todo o pobo que estaba á porta, e mais os anciáns, dixeron: —"Testemuñas somos! Que o Señor faga á muller que entre na túa casa semellante a Raquel e mais a Lea, que edificaron elas dúas a casa de Israel! Cobra forza en Efratah; acada renome en Belén!

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




RUT - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 4:11
24 Iomraidhean Croise  

Efrón o hitita atopábase entre os fillos de Het, e respondeulle a Abraham, de xeito que o oísen os fillos de Het e todos os que entraban polas portas da cidade:


A Rebeca botáronlle esta bendición: "Ti, nosa irmá, que crezas por milleiros, que os teus descendentes se apoderen das cidades dos teus inimigos".


Labán tiña dúas fillas, a máis vella chamábase Lea e a máis nova Raquel.


Pola mañá decatouse Xacob de que era Lea, e díxolle a Labán: —"Que é isto que me fixeches? Non te servira por Raquel? Por que me enganaches?"


Lea quedou embarazada e deu a luz un fillo, ó que puxo por nome Rubén, porque dicía: —"O Señor ollou para a miña aflición, e agora quererame o meu home".


De Lea tivo a Rubén o primoxénito, Simeón, Leví, Xudá, Isacar e Zebulón.


De Raquel tivo a Xosé e Benxamín.


Escribiu cartas no nome de Acab, selounas co selo real e mandóullelas ós anciáns e nobres da cidade, veciños de Nabot.


Salmá, fundador de Belén; Háref, fundador de Bet—Gader.


Oímos dela en Efrátah, atopámola nos campos de Iáar.


A muller sabia constrúe o seu lar, a tolemia destrúeo coas propias mans.


O seu marido é estimado no tribunal, cando asenta cos anciáns da bisbarra.


Escribín o documento de compra, seleino e cerreino, fíxenllelo asinar ás testemuñas e pesei a prata na balanza.


El seranos conservado para sempre, mentres haxa muller que dea a luz; o resto dos seus irmáns volverá, e serán devoltos os fillos de Israel.


E ti Belén, terra de Xudea, de ningún xeito es a máis pequena, entre as vilas de Xudea, que de ti ha saír o guía que será o pastor do meu pobo Israel.


Pero se ao home non lle gusta casar coa cuñada, a cuñada subirá ás portas da cidade a onda os anciáns, e declarará: O meu cuñado rexeita a seu irmán, a súa familia en Israel, non quere cumprir no meu favor os seus deberes de cuñado.


entón a súa cuñada acercarase a el en presenza dos anciáns e desataralle a sandalia do seu pé, cuspiralle na cara, e logo tomará ela a palabra e dirá: Así se lle fai ao home que non quere construír a casa de seu irmán.


O nome do individuo era Elimélec, e o da muller, Noemí; e os nomes dos dous fillos, Mahlón e Quilión (efrateos, de Belén de Xudá). E chegaron ás chairas de Moab e moraron alí.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan