1 Boaz subiu á porta da vila e sentouse alí. Velaquí que pasaba o redentor do que falara Boaz; e díxolle este: —"Oes, fulano! Fai favor, ven para acó e senta". E foi el, e sentou.
Os dous anxos chegaron pola tarde a Sodoma. Estaba Lot sentado á porta da cidade e, en véndoos, ergueuse para ir ó seu encontro, e saudounos, prostrándose por terra.
Efrón o hitita atopábase entre os fillos de Het, e respondeulle a Abraham, de xeito que o oísen os fillos de Het e todos os que entraban polas portas da cidade:
Abxalom erguíase cedo e púñase á entrada da cidade. Dirixíase a todos os que ían ó tribunal do rei cun preito e preguntáballes: —"Ti de que cidade es?" E el respondíalle: —"O teu servo é dunha das tribos de Israel".
O rei de Israel e Ioxafat de Xudá estaban sentados nos seus tronos, coas súas vestiduras rexias, na praza, onda a porta de Samaría, mentres todos os profetas acenaban diante eles.
Oh, sedentos todos, vinde por auga! Os que non tedes prata, vinde, comprade comida e comede, vinde e comprade comida; sen prata e sen diñeiro (comprade) viño e leite.
Poñerás pola túa conta para as túas tribos xuíces e maxistrados en todas as cidades, que o Señor, o teu Deus, che vai dar, e han de xulgar o pobo con xuízo xusto.
Pero se ao home non lle gusta casar coa cuñada, a cuñada subirá ás portas da cidade a onda os anciáns, e declarará: O meu cuñado rexeita a seu irmán, a súa familia en Israel, non quere cumprir no meu favor os seus deberes de cuñado.
O homicida fuxirá a unha desas cidades, e deterase no limiar da porta, e contaralles o seu caso ós anciáns da cidade aquela; e acollerano na vila e daranlle un lugar para morar entre eles.