RUT - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 3:7 - Biblia SEPT7 Comeu Boaz e bebeu, aledou o seu corazón e foise deitar a carón da morea de gran. E chegou ela ás caladiñas, descubriulle os pés e deitouse. Faic an caibideil |
E dispúxose o home para marchar —el e a súa concubina e mais o criado—, e díxolle o sogro —o pai da moza—: —"Mira que o día vai declinando cara á escuridade. Pasade a noite aquí. Fíxate no devalo do día: pasa a noite aquí e aleda o teu corazón; e mañá madrugaredes para andar o voso camiño e irvos para o teu lar".