11 E agora, miña filla, non teñas medo: fareiche todo o que me digas, pois ben coñece toda a veciñanza que es unha muller exemplar.
Aquela mesma noite aparecéuselle o Señor e díxolle: —"Eu son o Deus de teu pai Abraham. Non teñas medo, pois eu estou contigo. Bendicireite e aumentarei a túa descendencia, por mor do meu servo Abraham".
A muller mañosa é a coroa do seu home, a desvergonzada é carie nos ósos.
Unha muller xeitosa quen a atopará?: o seu valer supera o das perlas.
Agora ben, é certo que eu son o teu redentor; pero tamén é verdade que hai un redentor máis achegado ca min.