9 fíxate ben no agro que segan e vaite detrás delas, que xa lles deixo eu dito ós mozos que non che rifen. E, cando teñas sede, vai ás olas e bebe do que sacan os xornaleiros".
E quen dea de beber a un destes pequenos, aínda que soamente sexa un vaso de auga fresca, por ser discípulo meu, asegúrovos que non perderá a súa recompensa.
Entón ela abateuse, prostrándose por terra, e díxolle a el: —"Por que atopei benquerenza ós teus ollos, para reparares en min, sendo como son unha estranxeira?"