Entón chegáronse onda el os seus criados e dixéronlle: —"Señor, se o profeta che mandase algo difícil, non o farías? Canto máis se só che mandou: lávate e quedarás limpo".
Do resto, meus irmáns, todo o que sexa verdadeiro, todo o que sexa serio, todo o que sexa xusto, todo o que sexa enxebre, todo o que sexa estimable, todo o que sexa honroso, calquera virtude ou mérito que haxa, iso é o que debedes estimar.
e dixo: podo espigar e rebuscar entre as gavelas detrás dos seitureiros? E púxose, e estivo de pé desde esa —pola mañanciña—, ata agora, sen a penas repouso: o que descansou ela na casa foi ben pouco".
fíxate ben no agro que segan e vaite detrás delas, que xa lles deixo eu dito ós mozos que non che rifen. E, cando teñas sede, vai ás olas e bebe do que sacan os xornaleiros".
O Señor chamou de segundas por Samuel. Samuel ergueuse e foi onda Elí, dicindo: —"Aquí estou, pois chamáchesme". —"Eu non te chamei, meu fillo", dixo el. —"Volve deitarte".