Respondeu Rut: —"Non me pidas que te deixe, que me arrede de onda ti, pois, a onde vaias ti, irei tamén eu, e onde te acollas, acollereime eu contigo; o teu pobo será o meu pobo, e o teu Deus será o meu Deus.
E foron as dúas xuntas ata que chegaron a Belén. E aconteceu que, en chegando a Belén, rebuliu toda a vila por mor delas; e dicían: —"E logo non é esta Noemí?"
e dixo: podo espigar e rebuscar entre as gavelas detrás dos seitureiros? E púxose, e estivo de pé desde esa —pola mañanciña—, ata agora, sen a penas repouso: o que descansou ela na casa foi ben pouco".