Escollino para que lles mande a seus fillos, a toda a súa casa e ós seus descendentes mantérense nos camiños do Señor, obrando con rectitude e con xustiza, de xeito que o Señor lle outorgue a Abraham o que lle prometeu".
Así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: —Cando eu traia os desterrados, volveranse repetir no país de Xudá e nas súas cidades estas verbas: "Que o Señor te bendiza, rexión de lexítima morada, monte do santuario".
Os que teñan amos crentes, non lles falten á consideración por seren irmáns; ó contrario, sírvanos mellor, por seren crentes e irmáns os que reciben os seus bos servizos. Isto é o que tes que ensinar e recomendar.
E, se vos anoxa servir ó Señor, escollede hoxe a quen ides servir: se ós deuses que serviron vosos pais na outra banda do río, ou ós deuses dos amorreos, os da terra que habitades. Eu e mais a miña familia serviremos ó Señor".
Foi ela e, en chegando, púxose a espigar no agro detrás dos seitureiros. E levouna a súa fada a unha leira do agro de Boaz (o que era da familia de Elimélec).
E todo o pobo que estaba á porta, e mais os anciáns, dixeron: —"Testemuñas somos! Que o Señor faga á muller que entre na túa casa semellante a Raquel e mais a Lea, que edificaron elas dúas a casa de Israel! Cobra forza en Efratah; acada renome en Belén!
E David engadiu: —"O Señor que me librou das gadoupas do león e do oso, hame librar tamén das mans dese filisteo". Xaúl díxolle: —"Vai e que o Señor vaia contigo".