2 E dixo Rut, a moabita, a Noemí: —"Déixame ir ó campo, apañar as espigas detrás daquel en quen hei de atopar benquerenza". E respondeulle ela: —"Vai, miña filla!"
Cando fagades a seitura do pan na vosa terra, non segaredes ata os recunchos dos vosos eidos, nin espigaredes no segado: deixaredes as espigas caídas para o pobre e o forasteiro. Eu son o Señor, o voso Deus".
Foi ela e, en chegando, púxose a espigar no agro detrás dos seitureiros. E levouna a súa fada a unha leira do agro de Boaz (o que era da familia de Elimélec).
e dixo: podo espigar e rebuscar entre as gavelas detrás dos seitureiros? E púxose, e estivo de pé desde esa —pola mañanciña—, ata agora, sen a penas repouso: o que descansou ela na casa foi ben pouco".