16 e mesmo habédeslle deixar caer algo das gavelas e permitídelle recollelo, sen lle berrardes".
Dálles xenerosamente ós pobres, a súa prosperidade é duradeira: erguerá con honor a súa fronte.
Quen é bo co pobre préstalle ó Señor, que lle reparará cumpridamente a débeda.
O rei contestaralles: "Asegúrovos que canto fixestes cun destes irmáns meus máis pequenos fixéstelo comigo".
solidarios nas necesidades dos santos e practicando a hospitalidade.
Alegroume e animoume moito a túa caridade, meu irmán: grazas a ti o pobo santo está máis confortado.
pois Deus non é inxusto como para que lle esqueza o voso traballo e o amor que lle mostrabades cando serviades (e seguides aínda servindo) o seu pobo santo por mor del.
Ergueuse ela para espigar e deu orde Boaz ós seus criados, dicindo: —"Que recolla tamén entre as gavelas sen que a rifedes;
Daquela apañou no campo ata o serán e desgranou o que recollera, que resultou ser coma un efah de cebada.