Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




RUT - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 2:13 - Biblia SEPT

13 E dixo ela: —"Atope eu benquerenza ós teus ollos, meu señor, pois me confortaches e porque falaches ó corazón da túa serva, sen ser eu sequera unha das túas criadas".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




RUT - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 2:13
15 Iomraidhean Croise  

E ela respondeulle: —"Que a túa serva poida contar coa túa aprobación". A muller marchou e comeu, e non parecía xa a mesma.


Namorado da filla de Xacob, tolo de amor por ela, faloulle ó corazón.


Preguntou Esaú: —"Que pretendes con esa caravana que vin encontrando?" Respondeu el: —"Merecer o favor do meu señor".


Non fagades nada á retesía nin por fachenda. Que cadaquén pense humildemente que os outros son máis ca el.


O rei díxolle a Sibá: —"Todo o que tiña Mefibóxet é para ti". E Sibá respondeulle: —"Pós—trome diante de ti. Oxalá, rei, meu señor, atope eu graza ós teus ollos".


Ela deitouse no chan e respondeulles: —"Aquí está a túa serva, disposta a lavar os pés dos criados do meu señor".


Que o Deus todopoderoso faga que teña dó de vós e deixe vir convosco a voso irmán e a Benxamín. Canto a min, se teño que quedar só, quedarei".


—"Polo menos deixarei contigo uns poucos dos meus homes". Respondeulle Xacob: —"Para que? Chégame con saber que conto co favor do meu señor".


Xacob insistiu: —"Non, meu señor. Se merezo o teu favor, acepta o meu regalo, pois o verte foi para min coma se vise o rostro de Deus. Acollíchesme con afecto.


O temor do Señor é escola da Sabedoría, pois a humildade precede á gloria.


E ergueuse seu marido e foi detrás dela para lle falar ó corazón e facela volver, levando consigo o seu criado e unha parella de asnos; entrou na casa do pai dela, viuno o pai da moza e aledouse do encontro.


Que o Señor bendiga o teu proceder e sexa completo o teu galardón da parte do Señor, Deus de Israel, xa que viñeches ampararte baixo as súas ás".


E, ó tempo de xantar, díxolle Boaz: —"Achégate aquí e come do pan, molla o teu codelo no vinagre". Entón ela sentouse a carón dos segadores; el ofreceulle unha espiga torrada, e comeu ela ata fartarse, e aínda lle sobrou.


Teño bois, ovellas, servos e servas; e mándollo dicir ó meu señor para pedirlle o seu favor".


Por isto, velaí, eu mesmo a vou seducir: levareina ó deserto e falareille ó seu corazón,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan