Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




RUT - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 2:12 - Biblia SEPT

12 Que o Señor bendiga o teu proceder e sexa completo o teu galardón da parte do Señor, Deus de Israel, xa que viñeches ampararte baixo as súas ás".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




RUT - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 2:12
29 Iomraidhean Croise  

Gárdame coma á meniña dos teus ollos, escóndeme á sombra das túas ás


Son máis cobizables có ouro máis có metal precioso; son máis doces có mel, máis có zume da antera.


A túa xustiza é alta coma os montes, os teus xuízos son fondos coma o mar. Ti, Señor, socorres a homes e animais.


Do mestre do coro, segundo "Non destrúas". Poema de David. Na caverna, fuxindo de Xaúl


Os xustos alegraranse á vista do escarmento e no sangue dos malvados bañarán os seus pés.


ti es o meu refuxio, a miña torre forte fronte ó inimigo.


No leito relémbrote, nas vixilias da noite penso en ti.


Cóbrete coas súas plumas, protéxete coas súas ás, escóndete co seu brazo e deféndete.


O malvado leva unha paga ilusoria, quen sementa xustiza leva un salario de lei.


dese xeito agardarache un bo porvir e a túa esperanza non será frustrada.


Así fala o Señor: —Non deas a túa voz ó pranto, nin os teus ollos ás bágoas, que os teus traballos terán recompensa —é o Señor quen o di—: os fillos volverán do país inimigo.


Xerusalén, Xerusalén, que matas os profetas e apedras os que che son enviados! Cantas veces quixen aconchegar os teus fillos, como a galiña aconchega os seus pitiños baixo as súas ás, e non quixeches!


Alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos; do mesmo xeito perseguiron ós profetas anteriores a vós.


Tede coidado de non practicardes a vosa xustiza para que vos vexa a xente, que daquela o voso Pai celestial non vos dará recompensa ningunha.


Vosoutros non; vós amade os vosos inimigos, facede o ben e emprestade sen esperardes nada a cambio. E así teredes unha gran recompensa e seredes fillos do Altísimo, pois El é bo cos malos e desagradecidos.


Que ninguén vos prive do premio coa súa humildade aquelada e o seu culto ós anxos: visións e visionarios que se ven enfonchados coma parvos polo seu entendemento egoísta,


que o Señor lle conceda achar a súa misericordia naquel día. E cantos servizos fixo en Éfeso coñécelos ti mellor ca min.


O que me resta é a coroa da xustiza que me está reservada. E o Señor, que é xuíz xusto, hama entregar aquel Día. E non só a min senón a tódolos que arelan a súa Vinda gloriosa.


deste xeito considerou meirande riqueza as aldraxes de Cristo cós tesouros de Exipto, xa que el ollaba a recompensa.


Pero sen fe é imposible que un lle agrade a Deus, pois quen quere achegarse a Deus precisa crer que El existe e que recompensa os que o buscan.


pois Deus non é inxusto como para que lle esqueza o voso traballo e o amor que lle mostrabades cando serviades (e seguides aínda servindo) o seu pobo santo por mor del.


Respondeu Rut: —"Non me pidas que te deixe, que me arrede de onda ti, pois, a onde vaias ti, irei tamén eu, e onde te acollas, acollereime eu contigo; o teu pobo será o meu pobo, e o teu Deus será o meu Deus.


E respondeulle Boaz: —"Quedoume ben claro todo o que fixeches coa túa sogra despois da morte do teu home, e como deixaches a teu pai, a túa nai, e a túa terra natal, para vires a un pobo que antes non coñecías.


E dixo ela: —"Atope eu benquerenza ós teus ollos, meu señor, pois me confortaches e porque falaches ó corazón da túa serva, sen ser eu sequera unha das túas criadas".


El será para ti quen che volva o alento e será o sustento da túa vellez, pois pariuno a túa nora, que tanto te quere, e que é para ti mellor ca sete fillos".


Hoxe mostraches ben a túa bondade comigo: o Señor púxome nas túas mans e ti non me mataches.


Se un se atopa co seu inimigo, deixarao marchar en paz?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan