Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




RUT - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 2:10 - Biblia SEPT

10 Entón ela abateuse, prostrándose por terra, e díxolle a el: —"Por que atopei benquerenza ós teus ollos, para reparares en min, sendo como son unha estranxeira?"

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




RUT - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 2:10
19 Iomraidhean Croise  

Abraham ergueu os ollos e viu tres homes de pé diante del. En véndoos, correu ó seu encontro, desde a entrada da tenda, e prostrouse,


O meu criado calumnioume diante do rei, meu señor. Pero o rei, meu señor, é coma o anxo de Deus. Fai, logo o que che pareza.


Entón o rei David presentouse ó Señor e dixo: —"Quen son eu, meu Señor Iavé, e quen é a miña familia, para que me fagas chegar ata aquí?


Mefibóxet inclinouse e dixo: —"Quen é este teu servo, para que lle deas atención a un can morto coma min?"


tratádeo coma nativo entre vós, un peregrino máis convosco: amarédelo coma a vós mesmos, porque peregrinos fostes tamén vós no Exipto. Eu son o Señor, o voso Deus.


Porque tiven fame e déstesme de comer; tiven sede e déstesme de beber; fun forasteiro e acolléstesme;


Quen son eu para que me visite a nai do meu Señor?


porque reparou na súa humilde escraviña. Velaí: desde agora tódalas xeracións me van felicitar.


sede cariñosos uns cos outros, coma irmáns; competide na estima mutua;


E respondeulle Boaz: —"Quedoume ben claro todo o que fixeches coa túa sogra despois da morte do teu home, e como deixaches a teu pai, a túa nai, e a túa terra natal, para vires a un pobo que antes non coñecías.


E dixo ela: —"Atope eu benquerenza ós teus ollos, meu señor, pois me confortaches e porque falaches ó corazón da túa serva, sen ser eu sequera unha das túas criadas".


E díxolle a sogra: —"Onde apañaches hoxe e como fixeches? Bendito sexa o que reparou en ti!" E contoulle á súa sogra de quen apañara, dicindo: —"O nome da persoa con quen traballei hoxe é Boaz".


E dixo Rut, a moabita, a Noemí: —"Déixame ir ó campo, apañar as espigas detrás daquel en quen hei de atopar benquerenza". E respondeulle ela: —"Vai, miña filla!"


fíxate ben no agro que segan e vaite detrás delas, que xa lles deixo eu dito ós mozos que non che rifen. E, cando teñas sede, vai ás olas e bebe do que sacan os xornaleiros".


En canto Abigail viu a David, baixouse ás présas do burro e prostrouse diante del co rostro cara ó chan.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan