Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




RUT - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 1:8 - Biblia SEPT

8 E dixo Noemí ás dúas noras: —"Andade, volvede cada unha á casa da vosa nai, e que o Señor vos trate con piedade, como fixestes vós cos finados e comigo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




RUT - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 1:8
14 Iomraidhean Croise  

Que agora o Señor vos trate a vós con misericordia e lealdade. Eu tamén vos tratarei ben, por esta boa obra que fixestes.


As mulleres sométanse ós propios maridos, coma se fose o Señor,


Mulleres, sede dóciles ós vosos homes coma lle acae a unha muller cristiá.


tendo en conta que recibiredes do Señor a herdade coma recompensa. Servide a Cristo, o voso Señor.


Morreron tamén eles dous —Mahlón e Quilión— e quedou a muller sen os dous fillos e sen home.


Saíu do lugar onde estivera e con ela as dúas noras; e ían de camiño para volveren á terra de Xudá.


Que o Señor vos conceda a cada unha atopardes acougo na casa do voso home". E bicounas; elas deron laídos e romperon a chorar.


E díxolle Noemí á nora: —"Bendito sexa do Señor, pois non esqueceu a súa piedade cos vivos nin cos mortos". E engadiu: —"Ese home é o noso parente, un dos nosos goeles".


E el exclamou: —"Bendita sexas do Señor, miña filla!: este teu novo acto de piedade foi aínda mellor có primeiro, pois non fuches detrás dos mozos (xa fosen pobres ou ricos).


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan