Agora vai, xunta os anciáns de Israel e dilles: Iavé, o Deus de vosos pais, o Deus de Abraham, de Isaac e de Xacob, aparecéuseme e díxome: Veño visitarvos, pois xa vin como vos tratan en Exipto.
Velaí: como a chuvia e a neve baixan do ceo e non volven alá sen enchoupar a terra, fecundala e facela brotar, para que lle dea semente ó que sementou e pan ó que come,
—Así fala o Señor: tan axiña como se lle cumpran a Babilonia os setenta anos, heivos facer unha visita, para cumprir convosco a miña promesa de vos traer outra vez a este lugar.
Respondeu o Señor dicíndolle ó seu pobo: "Velaí: vouvos mandar o trigo, o mosto e mais o aceite novo para que vos fartedes de todo iso, e non vos volverei entregar para servir de burla entre os pobos alleos,
Si, a beira do mar será para o resto da casa de Xudá. Eles levarán a pastar á beira do mar, e pola noite deitaranse nas casas de Axquelón, cando os visite o Señor, o seu Deus, e os faga volver da súa catividade.
Entre os pagáns mantede un comportamento honrado, para que, aínda que vos calumnien polo voso comportamento coma malfeitores, ó veren as vosas obras boas, acaben por dar gloria a Deus, o día que El os visite.