Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




RUT - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 1:5 - Biblia SEPT

5 Morreron tamén eles dous —Mahlón e Quilión— e quedou a muller sen os dous fillos e sen home.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




RUT - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 1:5
9 Iomraidhean Croise  

E ti pensarás no teu corazón: Quen me deu estes? Pois eu quedei sen fillos e estéril, desterrada e apartada. A estes quen os criou? Velaí: eu quedei soa; estes de onde son?"


A túa maldade será quen te instrúa co seu castigo e as túas apostasías serán as que te castiguen. Recoñece o desastroso, o amargo que che resulta abandonar o Señor, e non respectar o teu Deus —é o Señor, Iavé todopoderoso, quen fala—.


Cando estaba chegando á entrada da vila, sacaban a enterrar a un morto, fillo único da súa nai, que era viúva; ía acompañada por moita xente da vila.


Agora ollade: certo que eu son eu, e non hai outros deuses comigo. Eu fago morrer e fago vivir; ferín, pero curarei, e non hai quen escape da miña man.


O nome do individuo era Elimélec, e o da muller, Noemí; e os nomes dos dous fillos, Mahlón e Quilión (efrateos, de Belén de Xudá). E chegaron ás chairas de Moab e moraron alí.


E procuraron para eles mulleres moabitas: o nome da primeira, Orpah, e o nome da segunda, Rut; e residiron alí arredor de dez anos.


E ergueuse ela coas súas noras para volveren das chairas de Moab, pois oíu na terra cha de Moab que o Señor se lembrara do seu pobo e lles dera pan.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan