Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




RUT - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 1:1 - Biblia SEPT

1 E aconteceu polos días en que gobernaban os Xuíces, que había fame no país, e foi un home de Belén de Xudá emigrar ás chairas de Moab, coa súa muller e mais os dous fillos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




RUT - A Biblia Galega (Ed. SEPT) 1:1
26 Iomraidhean Croise  

Houbo fame no país, e Abram baixou a Exipto, coa idea de quedar alí, mentres a fame seguise apretando.


Houbo fame no país, como outrora en tempos de Abraham, e Isaac foi a Guerar, preto de Abimélec, rei dos filisteos.


A fame apertaba en Canaán.


No tempo de David houbo unha fame de tres anos seguidos. David consultou o Señor e o Señor respondeulle: —"Enriba de Xaúl e da súa familia está o sangue dos gabaonitas que mataron".


E Elías foi para se presentar a Acab. A fame era moi grande en Samaría.


Salmá, fundador de Belén; Háref, fundador de Bet—Gader.


Fillos de Salmá: Belén e os netofateos; Atarot, Bet—Ioab, a metade dos manahteos e os soritas.


Chamou a fame sobre a terra, cortou o abasto do pan.


A terra vizosa en salinas, pola maldade dos moradores.


Palabras do Señor que lle viñeron a Xeremías acerca do asunto da seca:


Fillo de Adam, poñamos o caso dunha cidade: se peca contra min e comete un sacrilexio, entón eu estendo a miña man contra ela, córtolle as provisións de pan, mando contra ela a fame e retiro dela homes e animais.


Velaí o Señor Iavé, que fala así: Aínda que eu mande contra Xerusalén os meus catro terribles castigos: a espada, a fame, as feras salvaxes e mais a peste para eliminar dela homes e animais,


Humillarei o voso orgullo testán e farei que o ceo se vos converta en ferro, e a vosa terra en bronce.


Eu, da miña banda, déravos dentes limpos en todas as vosas vilas e carencia de pan en todos os vosos casais, mais non volvestes a min —Oráculo de Iavé—.


El seranos conservado para sempre, mentres haxa muller que dea a luz; o resto dos seus irmáns volverá, e serán devoltos os fillos de Israel.


Botarás moita semente no campo, pero pouco recollerás, porque a comerá o saltón.


E despois del xulgou a Israel Ibsán de Belén.


E había un mozo de Belén de Xudá, da familia de Xudá, que era levita e que vivía alí;


e foi o home desde a cidade de Belén de Xudá, para residir onde atopase algo, e chegou á serra de Efraím, a pé da casa de Micah, namentres ía de camiño.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan