3 despachou as súas criadas a anunciar o convite polos altos da cidade:
Séntase á porta da casa nunha cadeira no alto da vila,
O teu rabaño apousentou no lugar que ti, Deus, dispuxeras na túa bondade para os pobres.
Como han de anunciar, se non os mandan? Por iso está escrito: Benvidos os pés dos que anuncian o ben.
Xesús respondeulle: Eu falei á vista do mundo, publicamente; eu sempre ensinei na sinagoga e no templo, onde se xuntan todos os xudeus, e non falei nada ás agachadas.
No derradeiro día, o máis grande da festa, púxose Xesús de pé, e gritou: Se alguén ten sede, que veña onda min e beba quen cre en min.
Así que chegou a hora, mandou un criado para que avisase ós convidados, dicíndolles: "Vide xa, que está todo preparado".
Por iso dixo a Sabedoría de Deus: "Mandareilles profetas e apóstolos, e perseguirán a uns e asasinarán a outros";
Así que ide ás encrucilladas dos camiños; e a cantos atopedes, convidádeos á voda".
—"Quen sexa inxenuo, que se achegue aquí". E ó que carece de siso, dille: