Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 9:8 - Biblia SEPT

8 Moisés respondeulles: —"Esperade, mentres eu consigo a resposta do Señor para vós".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 9:8
19 Iomraidhean Croise  

Non teredes necesidade de combater; estade quietos e firmes contemplando como vos salva o Señor. Xudá e Xerusalén, non vos asustedes nin acovardedes. Saíde mañá ó seu encontro, que o Señor estará convosco".


O segredo do Señor é para os que o temen, e instrúeos coa súa alianza.


Móstranos, Señor, o teu amor, dános a túa salvación.


Moisés respondeulles: —"Non teñades medo. Mantédevos enteiros e veredes a salvación que vos concederá hoxe o Señor. Os exipcios que hoxe vedes, non os veredes nunca máis.


Moisés respondeulle a seu sogro: —"A xente vén onda min para consultar a Deus.


Diraslles as miñas palabras, escóitente ou rexéitente, pois son rebeldes.


Fillo de Adam, constitúote sentinela para a casa de Israel. Cando escoites unha palabra da miña boca, avísaos da miña parte.


Puxérono baixo garda ata que dixese o Señor o que tiñan que lle facer.


Puxérono baixo custodia, porque aínda non fora estipulado o que se había de facer con el.


Moisés entón presentou a causa delas ante o Señor.


—"Nós estamos impuros por mor dun cadáver, por que habemos nós de ser privados de facermos a ofrenda do Señor ó seu tempo no medio dos fillos de Israel?"


O Señor faloulle a Moisés:


pois entregueilles as palabras que ti me encomendaches e eles recibíronas; coñeceron verdadeiramente que saín de onda ti, e creron que ti me mandaches.


Se alguén quere facer a vontade de Deus, distinguirá se esta doutrina vén de Deus ou se é que eu falo pola miña conta.


porque non me gardei de anunciarvos todo o plan de Deus.


Porque eu recibín do Señor, e transmitinvos tamén a vós, que o Señor Xesús, na noite en que o entregaron, colleu pan


Certo que de nada me remorde a conciencia. Pero non por iso estou xa xustificado: quen me pide contas é o Señor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan