Pero ti, na túa grande misericordia, non os abandonaches no deserto: a columna de nube que os guiaba polo seu camiño de día non se apartou deles, nin a columna de fogo que os guiaba de noite.
En todas as súas xeiras os israelitas puideron observar como a nube do Señor pousaba polo día encol do tabernáculo e como pola noite se convertía en lume.
quen ía por diante de vós polo camiño, para vos buscar sitio onde acampar, quen ía diante de vós de noite, no lume, para que vísedes o camiño por onde tiñades que marchar, e de día, na nube.
E sentín unha forte voz que desde o trono dicía: "Velaquí a tenda de Deus onda os homes. Acampará entre eles: eles serán o seu pobo e El será o seu Deus e compañeiro.