Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 9:13 - Biblia SEPT

13 Canto ó home que, estando impuro e non se encontrando de viaxe, non celebra a Pascua, deberá ser exterminado de entre seu pobo, por non ofrecer o seu sacrificio ó Señor no tempo indicado. Ese home cargará co seu pecado.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 9:13
24 Iomraidhean Croise  

O varón non circuncidado, coa pel do prepucio sen cortar, será el cortado do seu pobo, pois viola a miña alianza".


Sete días seguidos comeredes pans ácimos. Desde o primeiro día botaredes o lévedo das casas, pois o que coma pan fermentado entre o primeiro día e o sétimo será excluído de Israel.


Neses sete días non gardaredes pan lévedo na casa. Quen coma algo fermentado será excluído da asemblea de Israel, o mesmo o forasteiro coma o indíxena.


A comunidade enteira de Israel celebrará esta festa.


Calquera que prepare outro óleo coma este e unxa con el un profano, será excluído do pobo".


O que faga para o seu uso un aroma coma ese, será excluído do pobo".


Farase caer sobre vós a vosa lascivia e soportaredes os vosos pecados de idolatría. Entón recoñeceredes que eu son o Señor, Deus.


Enfrontareime con calquera individuo da familia de Israel ou estranxeiro residente no medio voso, que coman sangue, e exterminareinos do seu pobo.


sen o presentar antes na entrada da Tenda do Encontro, para o ofrecer en sacrificio ó Señor diante do seu tabernáculo, seralle imputado como delito de sangue por ter vertido sangue. Ese home será exterminado do medio do seu pobo.


O home que se deitou coa muller do seu tío, descubriu a nudez do seu tío: cargarán co seu pecado e morrerán sen descendencia.


Gardarán os meus mandamentos, e así non cargarán co seu pecado nin morrerán por causa deste alimento, por se profanaren con el. Eu son o Señor, que os santifiquei.


Despois diraslles ós israelitas: Calquera que aldraxe o nome do seu Deus, cargará co seu pecado.


Quen toque o cadáver dunha persoa, se non se purifica, profanou a morada do Señor, e ese tal terá que ser exterminado de Israel, porque a auga lustral non caeu sobre el: é impuro, e a súa impureza ficará sobre el.


Pero se o home que é impuro non se purifica, deberá ser botado do medio da comunidade, por contaminar o santuario do Señor; as augas lustrais non foron asperxidas sobre el, está impuro.


O marido quedará limpo de culpa, e a muller cargará con toda a súa iniquidade".


—"Nós estamos impuros por mor dun cadáver, por que habemos nós de ser privados de facermos a ofrenda do Señor ó seu tempo no medio dos fillos de Israel?"


Tede coidado de non rexeitar a quen vos está falando, que se aqueles non deron fuxido do castigo por rexeitaren a quen os instruía aquí na terra, moito menos poderemos nós fuxir do castigo, se lle volvemos as costas a quen nos instrúe desde o ceo!


de que xeito nós fuxiremos do castigo, se descoidamos salvación de tanta valía? Porque esta salvación tivo principio na predicación do Señor e confirmáronnola despois os que a escoitaron,


estes, se apostatan, é imposible que se renoven co arrepentimento, xa que polo que a eles toca seguen crucificando o Fillo de Deus e escarnecéndoo publicamente.


Así tamén Cristo, unha vez que se ofrendou para quitar os pecados, volverá a aparecerlles por segunda vez, xa sen ter que ver co pecado, para salvar os que o están agardando con ansia.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan