Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 8:26 - Biblia SEPT

26 Poderán axudar ós seus irmáns na Tenda do Encontro, facendo garda, pero servizo non o farán. Así has facer no referente ó servizo dos levitas.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 8:26
10 Iomraidhean Croise  

Facían a garda da Tenda do Encontro ás ordes dos fillos de Aharón, seus irmáns, no servizo do templo do Señor.


Eles serán no meu santuario os encargados da vixilancia fronte ás portas do santuario e os servidores do santuario. Eles mesmos lle matarán ó pobo as vítimas dos holocaustos e dos sacrificios, e eles mesmos estarán de pé diante do pobo para o serviren.


Non observastes os meus preceptos cúlticos, senón que ó voso antollo puxestes no meu santuario oficiantes do servizo cúltico.


Pero os levitas acamparán arredor do Tabernáculo do Testemuño, de tal xeito que os fillos de Israel non caian no castigo de Deus. Soamente a eles lles corresponde gardar o Tabernáculo do Testemuño".


Soamente eles estarán contigo no servizo da Tenda do Encontro, para todo o servizo da Tenda; ningún estraño se acercará a vós.


O xefe supremo dos levitas era Elazar, fillo do sacerdote Aharón, a quen tiñan que obedecer todos os encargados do coidado do santuario.


Da metade correspondente ós fillos de Israel tomarás a porcentaxe do un por cincuenta, tanto dos homes como dos bois, dos asnos e das ovellas, de todos os animais, e darásllelo ós levitas encargados do servizo do Tabernáculo do Señor".


mais ó chegaren ós cincuenta anos, retiraranse das súas funcións e xa non servirán máis.


Coida estas cousas, mantente nelas, para que todos vexan como progresas.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan