Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 8:22 - Biblia SEPT

22 Despois disto os levitas entraron a facer o servizo na Tenda do Encontro, diante de Aharón e seus fillos. Tal como o Señor ordenara a Moisés acerca dos levitas, así fixeron con eles.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 8:22
9 Iomraidhean Croise  

Os sacerdotes levíticos levantáronse para bendicir ó pobo. O Señor escoitou a súa voz e a pregaria chegou ata a súa santa morada dos ceos.


Ezequías organizou por clases ós sacerdotes e levitas, asignando a cada un a súa función sacerdotal ou levítica: ofrecer holocaustos e sacrificios de comuñón, dar grazas e loar e servir á entrada dos campamentos do Señor.


Os israelitas todos cumpriron o que o Señor lles mandara a Moisés e a Aharón.


Débeslles confiar a eles o coidado da Morada do Testemuño e de todos os seus vasos sagrados e de canto pertence ás cerimonias. Soamente eles os poderán transportar e soamente eles os poderán manexar e meter na Tenda da Alianza. Acamparán arredor do tabernáculo.


Despois disto, os levitas entrarán ó servizo da Tenda do Encontro, e purificaralos: farás deles unha ofrenda,


Os levitas purificáronse e lavaron os seus vestidos. Aharón fixo o xesto de ofrecelos na presenza do Señor, e logo fixo expiación por eles, para os purificar.


O Señor díxolle a Moisés:


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan