Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 8:14 - Biblia SEPT

14 Separarás así os levitas de entre os fillos de Israel, e os levitas serán para min.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 8:14
13 Iomraidhean Croise  

Serán para min —fala o Señor dos Exércitos— propiedade persoal no día en que eu actúe, porque lles perdoarei o mesmo que un home perdoa o fillo obediente.


De feito fun eu quen escollín os fillos de Leví, vosos irmáns, do medio dos fillos de Israel e volos entreguei como oblación ó Señor, para faceren o servizo da Tenda do Encontro.


—"Velaí que eu escollín de entre os fillos de Israel os levitas no lugar de todos os primoxénitos, de todos os que abren o seo materno, entre os fillos de Israel. Os levitas serán da miña pertenza,


—"Colle os levitas no canto de todos os primoxénitos dos fillos de Israel, e os animais dos levitas no canto dos animais dos israelitas: serán todos para min. Eu son o Señor!


Porás os levitas baixo as ordes de Aharón e de seus fillos, e serán como unha oblación perfecta de entre os fillos de Israel para o seu servizo.


—"Dilles ós fillos de Israel: Calquera home ou muller que fagan voto de nazireato e queiran consagrarse ó Señor,


Colocarás despois os levitas de pé diante de Aharón e de seus fillos, e farás o xesto de ofrecelos ó Señor.


Porque meus son todos os primoxénitos dos fillos de Israel, tanto de homes como de animais; eu consagreinos para min, desde o día en que ferín a todos os primoxénitos na terra de Exipto.


Paulo, escravo de Cristo Xesús, chamado para ser apóstolo, escollido para o Evanxeo de Deus,


Mais cando a Aquel, que xa desde o seo da miña nai me puxera á parte e chamou por min pola súa graza,


Naquela ocasión escolleu o Señor a tribo de Leví para que levase a Arca da Alianza do Señor, para que se mantivese na presenza do Señor dándolle culto e bendicindo no seu nome tal como fai aínda hoxe.


Pois era xustamente deste xeito o sacerdote que nós precisabamos: santo, sen ruindade e sen pecado, separado dos pecadores e levantado a unha gloria máis alta có mesmo ceo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan