Porque o peito abalado ritualmente e o pernil dereito, que eu reservo dos sacrificios de comuñón dos fillos de Israel, dóullelos ó sacerdote Aharón e a seus fillos como dereito perpetuo, obrigatorio para os fillos de Israel.
Despois Moisés colleu o peito do carneiro e fixo o xesto de ofrecemento ó Señor, por ser esta a porción do carneiro que lle pertencía a Moisés, como lle mandara o Señor no sacrificio da consagración.
O sacerdote abalarao todo ritualmente diante do Señor: é unha cousa santa que lle pertence a el, ademais do peito, que tamén abalará, e da perna dianteira, que presentará ó Señor do mesmo xeito. Despois disto o nazireo poderá xa beber viño.
Naquela ocasión escolleu o Señor a tribo de Leví para que levase a Arca da Alianza do Señor, para que se mantivese na presenza do Señor dándolle culto e bendicindo no seu nome tal como fai aínda hoxe.