Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 7:89 - Biblia SEPT

89 Cando Moisés entraba na Tenda do Encontro para falar con Deus, escoitaba a voz que lle falaba desde o propiciatorio, que estaba sobre a Arca do Testemuño, entre os dous querubíns: faláballe desde alí.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 7:89
15 Iomraidhean Croise  

Para o camarín fixo Salomón dous querubíns, de madeira de oliveira, de cinco metros de altura.


Do mestre do coro, con cítaras de Xuxán. Edut, salmo de Asaf.


O Señor reina, conmóvense os pobos, senta sobre querubíns, estremécese a terra.


Entón a nube cubriu a Tenda do Encontro e a gloria do Señor encheu o tabernáculo.


Moisés non podía entrar na Tenda, por pousarse a nube enriba dela e porque a gloria do Señor enchía o tabernáculo.


Chamou o Señor a Moisés desde a Tenda do Encontro e díxolle:


No deserto do Sinaí, na Tenda do Encontro, no primeiro día do segundo mes, no segundo ano despois da saída do país de Exipto, díxolle o Señor a Moisés:


Eu baixarei e falarei contigo alí; tomarei do espírito que hai sobre ti e meteréillelo a eles, para que leven contigo o peso do pobo, e non o leves ti só.


Cara a cara falo con el, en visión directa e non por enigmas, e contempla a figura do Señor. Como non temestes vós falar contra o meu servo, contra Moisés?"


Faloulle o Señor a Moisés:


Acheguémonos, con liberdade ó trono da graza, para conseguirmos misericordia e atoparmos graza para unha axuda no seu debido tempo.


Revelóuselles que non eran ministros destes misterios proféticos para proveito deles senón para o voso; misterios proféticos, que nesta era vos anunciaron os que vos evanxelizaron movidos polo Espírito Santo mandado desde o ceo; cousa esta que os mesmos anxos desexan achegarse a ollar.


Mandaron, pois, xente a Xiloh, para que trouxesen de alí a arca da alianza do Señor dos exércitos, que ten o trono enriba dos querubíns. Coa arca da alianza de Deus ían os dous fillos de Elí, Hofní e Pinhás.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan