Salomón ofreceu, no seu sacrificio de comuñón en honor do Señor, vinte e dous mil bois e cento vinte mil ovellas. Así foi como o rei e todo Israel dedicaron o templo do Señor.
Para inauguraren a muralla de Xerusalén, foron en busca dos levitas por todos os seus lugares de residencia, co fin de facelos vir a Xerusalén a celebrar con xúbilo a inauguración con loores e cantos, con címbalos, liras e arpas.
Ofrecéronse ese día grandes sacrificios e foi moi grande a ledicia, pois Deus comunicáralles un gran gozo. As mulleres e os nenos gozaron tamén, e o xúbilo de Xerusalén notábase desde lonxe.
E aconteceu que o día en que Moisés acabou de construír o Tabernáculo e unxilo e mais consagralo con todos os seus utensilios, consagrou tamén o altar con todos os seus utensilios,
As ofrendas presentadas polos príncipes de Israel con motivo da dedicación do altar, cando foi consagrado, foron estas: fontes de prata, doce; artesas de prata, doce; cuncas de ouro, doce.
O total dos animais para o sacrificio de comuñón foi de vinte e catro xovencos, sesenta carneiros, sesenta chibos gordos, e sesenta años dun ano. Todo isto con motivo da dedicación do altar despois da súa consagración.
Os comisarios falaranlle logo ao exército nestes termos: Quen é o home que ten construída unha casa nova e aínda non a consagrou coa inauguración? Que vaia e se volva á súa casa, non sexa que morra no combate e outro home a consagre coa inauguración.