Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Números 6:9 - Biblia SEPT

9 Mais se por un casual morre de súpeto alguén á súa beira, e queda impuro o sinal do nazireato que leva na cabeza, rapará logo a cabeza no día da súa purificación, isto é, no sétimo día.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Números 6:9
11 Iomraidhean Croise  

e o día que entre no santuario, no adro interior para oficiar no santuario, ofrecerá un sacrificio de expiación polo seu pecado —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.


O que se purificou, lavará a súa roupa, rapará todo o seu pelo e lavarase na auga, quedando puro de novo. Poderá entrar logo no campamento, pero terá que morar fóra da súa tenda durante sete días.


O cabo do día sétimo rapará outra vez todo o seu pelo, da cabeza, da barba, das sobrecellas; en resume rapará todos os pelos, lavará os seus vestidos, bañará todo o seu corpo en auga, e quedará puro.


Diante da porta da Tenda do Encontro o nazireo rapará a súa cabeza, recollerá os cabelos consagrados polo voto de nazireo e botaraos ó lume, que arde debaixo da vítima dos sacrificios de comuñón.


Durante todo o tempo do seu nazireato está consagrado ó Señor.


Paulo aínda botou alí ben días. Despois despediuse dos irmáns e embarcou para Siria en compaña de Priscila e Aquila. En Céncreas rapou a cabeza, porque se ofrecera.


Cando estaban para se cumprir os sete días, os xudeus da Asia, que o viran no templo, encirraron a todo o persoal e botáronlle as mans,


entón farala entrar dentro da túa casa; ela rapará a súa cabeza e axeitará as súas uñas,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan