12 Consagrará de novo ó Señor os días do seu voto de nazireo, e presentará un año dun ano para expiar pola culpa, e non lle valerán os días do voto xa pasados, porque foi contaminado o seu nazireato.
Cando o xusto se aparta da xustiza e comete a maldade, e se comporta e vive segundo todas as abominacións que comete o malvado, todas as obras boas que fixo non se terán en conta: polas infidelidades que cometeu e polos pecados que fixo, por eles morrerá.
e, como expiación por tal pecado, presentará diante do Señor unha vítima de gando miúdo, femia de ovella ou cabra, e o sacerdote fará con ela a expiación polo delito.
Se non tivese nin sequera unha res de gando miúdo, ofrecerá a Iavé polo pecado cometido dúas rulas ou dous pombiños de pomba, un como expiación polo pecado e o outro como holocausto.
O sacerdote fará o sacrificio con un deles polo pecado, e ofrecerá o outro en holocausto para expiar por el, para lle borrar a mancha contraída por se achegar ó cadáver. Quedará purificada a súa cabeza nese mesmo día.