Pasados os días da súa purificación polo fillo ou pola filla, presentará á porta da Tenda do Encontro, como holocausto, un año dun ano e un pombiño ou unha rula, como oblación polo pecado. Darallos ó sacerdote,
ofrecerá un como expiación polo pecado, e o outro como holocausto, amais da oblación. Deste xeito o sacerdote expiará diante do Señor polo que se vai purificar.